Fomentar o uso do Galego é fundamental xa que constitúe un elemento básico de identidade cultural, pero hai que ir máis aló, é necesario que esta lingua estenda a súa vitalidade. Para iso é importante lembrar o feito que a súa aplicación está fortemente influenciado pola exposición ao idioma fora da aula. Por isto é indispensable unir esforzos para que tanto as familias como o profesorado estean comprometidos no seu uso.
PROXECTOS
Día do aVó/a
«O papel dos avós/as ao ir evolucionando ao longo dos anos na nosa sociedade, con todo, hai algo que nunca cambiou e sempre será así: o seu lugar imprescindible en cada unha das familias. Feliz Día dos avós/as!«
día da paz
«Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.»
o samaín
«É unha celebración de orixe celta que posteriormente pasaría a ser substituída polo Día de Todos os Santos no mundo cristián e que é tradicional en Galicia.»
a árbore xenealóxicA
«Unha árbore genealógico é unha representación gráfica cos datos da nosa historia familiar e no que plasmamos, nunha forma organizada e sistemática, as relacións parentales que unen aos membros da familia.»
O apalpador
«A mítica figura dun carboneiro que baixa as noites do 24 e do 31 de decembro a tocar a barriga dos nenos/as para ver se comeron o suficiente durante o ano, deixando unha chea de castañas, finalmente un agasallo e desexándolles un novo ano cheo de felicidade e comida.»
O entroido
«O entroido, antroido, entroiro, entruido ou entrudio é unha festa popular de entroido en Galicia, con tinguiduras particulares e diferenciadas entre as diversas localidades»
XOGOS TRADICIONAIS
«Unha actividade motivadora que facilita a práctica do exercicio físico para que o alumnado adquira conciencia das grandes posibilidades que lles pode brindar o xogo como medio de relación e goce, ademais de espertar o interese por coñecer e realizar estes xogos como vínculo e parte do patrimonio do noso país.«
Coñezo a miña localidade
«Coñecer de onde vimos como sociedade local para valorar o que somos e reforzar a nivel colectivo e clave fundamental para conservar a identidade cultural dun pobo.»
escape room letras galegas
«Os xogos interactivos teñen múltiples beneficios na aprendizaxe dos/as nenos/as, permiten ao alumnado aprender a vez que se divirten estimulando a habilidade social e lingüística.»
Música
«Existe un aspecto non verbal moi básico do ser humano que xera a nosa necesidade de facer música e empregala como parte da expresión humana. Non ten que ver cos movementos corporais, non ten que ver coa articulación da linguaxe, pero si con algo espiritual.»
espazo de lectura
«O éxito dos/as estudantes tamén reside na presenza e utilización das bibliotecas escolares. Son estas as encargadas de proporcionar información e ideas á súa comunidade educativa, ademais de proporcionar as competencias necesarias para a súa aprendizaxe e as encargadas de desenvolver a súa curiosidade e imaxinación. E é que as bibliotecas escolares, a pesar de quen lle pese, son imprescindibles dentro das institucións educativas.»
Debe estar conectado para enviar un comentario.