¿En que consiste?
As tecnoloxías da información e a comunicación han de constituír unha ferramenta cotiá nas actividades de ensino e aprendizaxe dás diferentes áreas, así como un instrumento de traballo para explorar, analizar e
intercambiar información.
O novo currículo de educación introduce un marco legal ao uso das TIC, terase en conta a siguiente normativa legal:
- A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece como obxectivo da Educación Primaria «Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran».
- O Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que «os centros docentes elaborarán e aplicarán un plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación (artigo 6.5).
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Debe estar conectado para enviar un comentario.